ALOUMIÑOS
unha barquiña dourada
navigaba polo monte
na procura dun ronsel,
que perdera no horizonte.
A barquiña despistada,
lonxe, moi loxe do mar,
foi atopa-lo seu berce
nas manciñas dun rapaz.
Un neno fixo unha vez
un barquiño cun xornal.
Había tantas desfeitas
que á auga lle sentou mal.
As novas tanto pesaban,
que o barco se foi ó fondo.
O neno salvou as letras;
con elas creou un conto.
(A.G.Teijeiro)
No hay comentarios:
Publicar un comentario