sábado, 4 de mayo de 2013

INTELIXENCIAS MÚLTIPLES



(está feito en calaméo por si vos interesa facer outras presentacións similares). É GRATUITA

   Outra plataforma que ofrece moitas posibilidades interesantes é SMILEBOX (as derradeiras da biblioteca sobre o mercadillo de libros solidarios están feitas con smile). Ten unha parte gratuita

jueves, 11 de abril de 2013

unha rosa...



Era un airiño soave
que se erqueu pola mañán
e viña de non se sabe.
Era un recendo de rosas
da roseira de ningures,
que se meteu pola porta.
Era unha cantiga leda
que nascía non sei onde
e petaba na fiestra.
 unha gracia sotil
que baixaba das estrelas..
  ¡Eras ti!
    

jueves, 14 de marzo de 2013

aloumiños

ALOUMIÑOS
 
unha barquiña dourada
navigaba polo monte
na procura dun ronsel,
que perdera no horizonte.
 
A barquiña despistada,
lonxe, moi loxe do mar,
foi atopa-lo seu berce
     nas manciñas dun rapaz.  
 
Un neno fixo unha vez
un barquiño cun xornal.
Había tantas desfeitas
que á auga lle sentou mal.
 
As novas tanto pesaban,
que o barco se foi ó fondo.
O neno salvou as letras;
con elas creou un conto.
                                            (A.G.Teijeiro)
                                                                                        
        

lunes, 11 de marzo de 2013

arte, pintura

        Este cuadro de Sucasas nos sugiere el mar con sus grandes olas, una mujer bañandose con su pelo mojado, su cuerpo desnudo, fuertes trazos, idea de libertad. Podemos preguntar a los niños por el color, forma, descripción, sensaciones...todo lo que les sugiere.









miércoles, 6 de marzo de 2013

TITORIAL BLOGUER- Loli


    Esta é a presentación que vimos pola tarde. Como estaba en power point, para subila aquí empreguei a ferramenta  ISSUU (+) seguindo estos pasos:
  • (para ter unha biblioteca en issuu tedes que rexistrarvos e abrir unha conta)
  • primeiro gardei a ppt como pdf...
  • subina  á miña biblioteca  issuu (my library): upload- browse.... (ver diapositiva)
  • cando apareceu publicada en my library abrina e copiei o código na opción embed ...
  • e pegueino aquí (clicando antes na pestana HTML)




  • SOBRE OS BLOGUES DE AULA

        Aínda que o expliquei todo xunto e "daquela maneira", en realidade abrir un blog de aula é doado (como vos dixen son tres pasos), logo xa nos podemos complicar todo o que queiramos:
    • Podemos poñer só a páxina principal ...ou ocupalas todas ( de momento bloguer permite unhas 20)
    • Podemos contar só experiencias puntuais ... ou meter todos os recursos que se nos ocurran ... e que estemos usando (meter por meter tampouco é necesario)
    • Podemos usalo para contar o día a día da aula. É parecido a ter un repositorio de recursos da nosa aula. Sobre todo cos máis pequenos sirve para que na casa  sepan algo máis do que se fai nas aulas de infantil: moi útil cos de tres, tendo en conta que moitos entran sen falar (polo menos un idioma coñecido ou intelixible...). Como moito do que facemos en infantil non está plasmado en papel ou "ficha", o blogue serve de apoio visual cando os papás lles preguntan eso tan bonito de:     
          -"e hoxe que fixeches no cole? 
          -resposta: xogar!
          -a que?
          -a plastiliiina!
          -e fixeches algo máis?
          -resposta de novo : xogar!
          - ¿¿¿e  nada máis???"   Pois bueno, o blogue intenta aclarar algunhas destas  preguntas ... máis ou menos   




    UNHA COUSA SOBRE O EDITOR

    (+) ISSUU. Clicando arriba en esta palabra vemos unha posibilidade do editor da que non falamos, o enlace para crear un vínculo coa páxina de internet que lle digamos.

    Pasos:
    • Seleccionar a palabra  que nos interese (neste caso ISSUU)
    • con ela seleccionada, clicar na barra do editor onde pon Enlace
    • ábresenos unha pestana que nos pide o enderezo co que nos interesa vincularnos (é igual que cando creamos hipervínculos) 
    • pegamos no recadro o enderezo url, neste caso puxen o que nos permite crear unha conta en issuu. Pero podemos enlazar a palabra con unha imaxe, un video, con outro blog ...

    • xa está feito o enlace. Normalmente cámbianos a cor da palabra cando abrimos a entrada xa publicada. Nas opcións de deseño e configuración podemos escoller previamente de que cor queremos que nos aparezan as palabras que teñen enlaces: igual que a cor das pestanas o borde das imaxes, o tipo e tamaño de letra (que poden ser diferentes nas entradas e nos textos que metemos nos gadgets) etc...





    UNHA COUSIÑA MÁIS: CANDO ABRADES O VOSO BLOGUE, SEMPRE É MELLOR ESTABLECER DESDE O PRINCIPIO O DESEÑO  QUE QUEREMOS, XA QUE, AÍNDA QUE SEMPRE O PODEMOS CAMBIAR, LOGO VAINOS A MODIFICAR AS ENTRADAS QUE XA TEÑAMOS METIDAS.

    Para abrir un blogue: tres pasos (MOI  FÁCIL...)
    para deseñalo: a imaxinación e a curiosidade de cada un (TODOS IMOS SOBRADOS...)
    só para mantelo fai falta TEMPO... 
    (en Finlandia seique os nenos asisten a clase 1300 horas menos
    que os españois entre os 7 e os 14 anos...)
    (imos sacar o tempo para os blogues de ahí ... en Finlandia!)



    Ciclo da auga - Manoli

    Ola. En segundo de Primaria estamos traballando o ciclo da auga. Déixovos este vídeo para tratar este tema. Incluso vale para o 2º ciclo. Boa tarde! Manoli