jueves, 25 de noviembre de 2010

Ola colegas :
    Só por facer probas, ocurreuseme compartir con vós esta foto dos alamos prateados e dos prunus que tiñamos no cole onde agora está o novo Ximnasio. As cachopas  son as que tedes pintadas de cores no piso de arriba .Tamén aproveito para que, pensando na memoria histórica e no impacto visual que causa o  noso Centro ver si, antes de que nos coma o cemento, algúns nos animamos a darlle un pouco de vidiña a esa parte que quedou desaproveitada entre o Ximnasio e os postes onde están a medrar unha morea de salgueiros. Unha compañeira comentou o interés por facer algún  tipo de catálogo das especies que hai no cole... ¿podería ser ese un dos materiais a  elaborar?

(Comentario: Son Paco, pareceme unha boa idea o das árbores! Que ben...veña animo a seguir subindo cousas. Ah! si eso cando subades algo, firmadeas para saber quen é..eu tamén firmarei o que suba. veña ánimo que o vamos conseguir!!!)

No hay comentarios:

Publicar un comentario